[ inicio ]
AVINZA        LEADER        AXUDAS        O TERRITORIO        ACTUALIDADE        LIGAZÓNS        CONTACTAR
 

I Premio Fotográfico e de Curtas

I Premio Fotográfico e de Curtas » Bases do Concurso
 
Bases do I Concurso Fotográfico e de Curtas

OBXECTIVO

O obxecto deste concurso é recoller da man de fotografías e curtas os “saberes” locais deste territorio ourensán. O importante é que se reflita o “saber” que se mantén no teu entorno, deixamos polo tanto nas mans dos potenciais concursantes a valoración do “saber” que nos queren mostrar. Iso si, acéptase material que teña a ver coa cultura material e inmaterial (oral, gastronomía, oficios, rituais, labouras,... ) o interese do concurso é a recolleita de información, da cultura familiar, comunitaria, agraria, artesanal, ... que aínda se mantén viva dalgún xeito.

As actividades que se pretendan recoller mediante o material gráfico debe ser demostrable, é dicir, ten que corresponderse con algo que se constrúa, produza, transmita na actualidade e no voso entorno,.....

Con todo o material recibido para o concurso elaborarase unha publicación que será editada por AVINZA.

PREMIOS:

Contía de 300 € ( a cada categoría)
I. Ao mellor material gráfico
II. Á mellor transferencia de saberes

XURADO:

O fallo de premios: O xurado estará composto por dous profesionais no campo das artes plásticas e un membro da Xunta Directiva de AVINZA GDR 15. Estes elixirán as mellores que serán expostas na web www.avinzagdr15.com

O fallo do xurado emitirase o día 15 de outubro (ampliación de prazo)  mediante enderezo.


CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Participantes: Poderá participar no concurso calquera persoa, non profesional, que o desexe. Os participantes deberán ser os autores do material gráfico e este debe estar rodado ou fotografado no territorio AVINZA GDR 15 (xunqueira de Espadanedo, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Taboadela, Paderne de Allariz, Allariz, A Bola, Vilar de Santos e Rairiz de veiga). AMPLIADO O TERRITORIO A TODA GALICIA.



MODALIDADE E FORMATO

- Fotografía: De nova creación co acabado que o autor/a estime oportuno, sendo arquivo de formato jpg cunha dimensión mínima de 1028x768. A fotografía pode ser retocada, o interese do concurso é a recolleita de información da cultura familiar, comunitaria, agraria, artesanal, ... non a autenticidade do material.

- Gravacións: as gravacións terán unha duración máxima de dous minutos (120 segundos) e debe presentarse en formato mavi, mp4, mpg, wmv e mov.


MATERIAL A ENTREGAR
- Nas gravacións e fotografías nas que aparezan persoas identificables, debe acompañarse cun consentimento para poder ser aceptadas.
- Cada participante, ó enviar as fotografías ou gravacións deberá xuntar o formulario debidamente cuberto (ANEXO I).

Poderán enviar os materiais do seguinte xeito:
1.- AVINZA GDR 15 rúa portelo nº 4 2º Andar 32660 Allariz
2.- Enderezo electrónico ao seguinte mail: concurso@avinza-gdr15.com
3.- www.avinza-gdr15.com/concurso
Con todo o material recibido para o concurso elaborarase unha publicación que será editada por AVINZA GDR 15.
Así mesmo, a organización comunicarase por email cos concursantes premiados


PRAZO:

O material poderase enviar a partir do 15 de maio e até o 30 de SETEMBRO de 2014.

Normas oficiais: Todas as Fotografías e curtas expostos na paxina web de AVINZA GDR 15 quedarán suxeitos aos artigos e decretos vixentes da Xunta de Galicia e ás propias bases recollidas na páxina WEB, sobre concursos de fotografías e vídeos.

Descargar Documento... Anexo I - Documento de Participación



LEADER 2014-2020

CONGRESO MEDIO RURAL, INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS.

I Concurso Fotográfico e de Curtas

JÓVENES RURALES

Que ves no rural?

GEOPUEBLOS

Mercado da Reserva da Biosfera

Axudas Leader

Proxectos LEADER

Cursos Realizados no Grupo AVINZA GDR-15

Actualidade do Grupo

Coñece o Territorio AVINZA

Videos e Imaxes

Xornadas Despoboamento Rural

Proxecto de cooperación AMBIEMPLÉAte.

AVINZA GDR15   |   Rúa do Portelo 4 32660 ALLARIZ (Ourense)   |   Tlf. 988442535  Fax 988442362  info@avinza-gdr15.com   |   Aviso Legal
Organismos Oficiais Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Leader Galicia 2007-2013 Consellería de Medio Rural Ministerio de Medio Ambiente... FEADER