Os días 7 e 8 de setembro recibimos na nosa sede aos representantes de todos os grupos que participan con nós no proxecto de cooperación AMBI-EMPLÉAte. As 11 da mañá no salón do Fogar do Maior de Allariz recibiuse aos participantes e a continuación celebrouse unha rolda de prensa para os medios. As 11:30 comezou unha reunión de traballo que se alongaría ata a tarde. Tratáronse temas de programación e planificación do proxeto. Á tardiña realizouse un percorrido polo casco histórico de Allariz e polo Festival de Xardíns.
Aldea de Sáa.
O día 8 visitamos o polígono industrial de Vilar de Santos, o Museo da Limia e a aldea de Saá, exemplos de desenvolvemento rural. Conta a unha do medio día visitamos O Rexo, Centro de Educación Ambiental e para rematar celebrouse unha comida no Castelo de Maceda.[